Fernando Rei, Negreira 1977. Comezou a estudar música aos oito anos da man do mestre Xosé España Lorenzo. Tivo a sorte de aprender a tocar a trompeta cos mestres: Maximino Boga, Carlos Méndez e Xosé Rodríguez Ramos, así como a de recibir consellos de Benjamín Moreno, Javier Simó, Luís González, Maurice André, Bo Nielson, Hakan Hardenberger, Edward Tarr, Gabor Tarkovi,Tamás Velenczei… Iniciouse no Jazz grazas aos profesores da escola Drops e da Escola Estudio en Santiago de Compostela. A meirande parte da súa vida profesional vai ligada ás bandas de música. Desde os seus comezos na Banda de Música de A Baña e Negreira non parou de colaborar con innumerables bandas de toda Galicia, tales coma a Artística de Merza, Sinfónica da FGBMP e un longo etc… Tamén colaborou con orquestras de cámara e sinfónicas. No referido á dirección, fixo cursiños con Marcel van Bree, Vicent Egea, Jan Van der Roost e con Pilar Vañó. Foi director da Banda de música Ateneo de Negreira e da Asociación SOLFA. Actualmente, Fernando Rei é profesor de trompeta no Conservatorio de Música Profesional de Santiago de Compostela.

2014 © CREOWEBS. Diseñamos y creamos